Benvidos ao blog de educación infantil do colexio Mª Inmaculada Carmelitas.

Aquí informarémosvos sobre as diversas actividades que os vosos fillos/as realicen dentro dos traballos de aula, biblioteca, visitas e excursións ...

martes, 28 de febrero de 2017

Gústannos os animais

Os nenos de 5º de EI estivemos traballando e aprendendo moitas cousas sobre os animais, velaquí unha pequena mostra de todo o que fixemos:



lunes, 27 de febrero de 2017

domingo, 26 de febrero de 2017

miércoles, 15 de febrero de 2017

Entrega de Premio do Equipo de Dinamización da Lingua

O día 18 de xaneiro de 2017 reuniuse o EDL para deliberar e elixir á mascota que vai representar ao equipo de dinamización da lingua durante este curso escolar 2016-2017, logo da resolución á convocatoria do concurso Buscamos mascota para o equipo de dinamización do cole, convocado no mes de outubro-novembro.
De entre todos os debuxos presentados, elixiuse, por unanimidade, o do alumno de 5 de Educación infantil B Saúl Gutiérrez Rivera, quen deu vida á Lura Patuxa.
Desde o EDL queremos dárlle as grazas a todos os participantes e os nosos máis sinceros parabéns ao noso afortunado gañador.



 

lunes, 6 de febrero de 2017

Día da Paz 2017

https://flic.kr/s/aHskR6pPQg

III Semana da familia en educación infantil

Grazas a todos os que fixéchedes posible esta semana, foi un prazer compartir aulas e bos momentos con vós.
Coa unión familia-escola......GAÑAMOS TODOS!

Aquí tedes unha mostra fotográfica do que foi esta semana:


https://flic.kr/s/aHskNyHjre




jueves, 2 de febrero de 2017

O Entroido

Festa popular onde as haxa, orixinal, colorista, divertida é o entroido unha festa na que se come, bebe e baila, é unha época de excesos que se celebra en todos os países de tradición católica pero, en cada lugar hai diferenzas. Galicia é pois un mundo aparte onde en cada rincón se celebra a troula dunha maneira diferente. Desde Verín pasando por Laza ou Xinzo de Limia, onde os seus protagonistas: piliqueiros, cigarróns, pantallas, boteiros e demais fan do noso pobo galego unha demostración máis da maneira que temos de rendir culto á festa, metidos xa en plena Coresma. E como dixemos antes, diso se trata, de comer, de degustar, de disfrutar da nosa cociña e velaí vai unha pequena mostra da nosa gastronomía, centrada máis nas típicas sobremesas que fan as delicias de maiores e pequenos.


Xa queda pouco para a nosa festa especial. Poñámonos a cociñar!